Candidata nº 8 Pemio Joven Empresario A Coruña: Mónica Muiños. FISIO-CHE BEN ®

            

Presente a súa empresa en 30 palabras.

FISIO-CHE BEN ®, un centro de fisioterapia afincado no rural en SAN SADURNIÑO a onde acudir cando xurdan problemas de saúde susceptibles de tratamento fisioterápico, onde sen dúbida, CHE FARÁ BEN. 

¿Que cree que ten a súa empresa que a fai diferente a outras do mesmo sector?

Trato personalizado: anamnesis clínica + exploración+ diagnóstico fisioterápico + tratamento adaptado

Duración das sesións: 1h na que o fisioterapeuta se adica só ao paciente.

Formación: fisioterapeutas en constante formación continua

Prezo: prezos atractivos cun sistema de bonos cos que se pretende FIDELIZAR o paciente

Establecemento dun vínculo non só profesional, se non que tamén personal: os pacientes soen ser da zona e é común que se coincida con eles en diversos lugares da vida cotiá (bares, concello, festas…) nos calques é imposible non facer un pouco de vida social. 

¿Por que decidiu presentarse ao Premio Amje Emprende?

Á hora de emprender é ven certo aquilo tan galego que se di: “ NON CHE DAN NADA FEITO”, por iso mesmo participo neste premio, para dar a coñecer o espírito de FISIO-CHE BEN ®. Esa forza e afán de mellora constante é o que me anima: se non participas, se non te das a coñecer dificil tes que che recoñezan todo o esforzo e traballo que lle adicas o TEU PROXECTO día a día.

 ¿Que pretende aportar coa súa candidatura?

Pretendo amosar que dende a miña PEQUENA empresa estou intentanto facer GRANDES cousas. Pretendo tamén amosar que o RURAL non está morto, e que as empresas que decidimos asentarnos aquí, aínda que o temos máis dificil porque existe o problema da distancia podemos saír adiante. E por último pretendo resaltar que non só é empresa aquel que realiza un PRODUCTO ACABADO (manufactura) se non que aquelas que ofrecemos un servicio tamén o somos, e máis aquelas nas que O SERVICIO É A SAÚDE.

¿Onde ve a súa empresa dentro de dez anos?

Onde a vexo non, onde me gustaría vela (risas). Gustaríame ver unha cadea de FISIO-CHE BEN ® espallada polo territorio galego con centros noutras zonas do rural e tamén incluso nas zonas urbanas pero en calquera delas, cumpríndose o pé da raia os pilares básicos da sua sede principal. 

¿Que valor intenta transmitir aos seus empregados no traballo de cada día?

Intento transmitir aquela prima católica de “ama al prójimo como a ti mismo” pero adaptada o meu mundo laboral: “ traballa en FISIO-CHE BEN ® como para ti mesmo”, porque o meu éxito será o seu éxito, e sen o seu esforzo o meu éxito non sería posible.  

¿O empresario nace ou se fai?

50%-50%. A min algo naceume pero pouco a pouco voume reinventando para seguir mellorando, e a verdade que é algo que me gusta, que me apasiona. Intento estar sempre, digamos “na cresta da ola”, e non conformarme porque agora me vaian ben as cousas. 

¿Cal é a súa empresa ou empresario de referencia?

Todos dirán INDITEX e AMANCIO ORTEGA, eu digo ELECTRORAYMA, unha empresa da zona de Ferrolterra da que eu me lembro que na miña infancia viñan os dous socios fundadores RAMÓN E MANOLO os domingos limpar o canalón do meu tellado (porque o camion tiña grúa) e hoxe en día conta cuns 280 empregados. 

¿Por que debe ser a gañadora do Premio Joven Empresario 2011?

Non sei se debo ser o gañador do premio, o que non vou negar é que o quero ser: para min sería o recoñecemento de todo o que fago día a día para cumplir o meu soño: que FISIO-CHE BEN ® se convirta nunha MARCA, nun sinal con IDENTIDADE, esa que eu definín cando creei o meu proxecto.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s