Candidatos nº17 Premio Joven Empresario de A Coruña. Estela, Felipe, María e Pilar. Galebook.

«Os nosos produtos e servizos valen polo que lle achegan á nosa sociedade e á nosa cultura: innovación e oportunidade».

Presenten a súa empresa en 30 palabras.

Somos especialistas en lingua e TIC. Creamos e publicamos contidos dixitais co selo Edicións Galebook. Entre os nosos contidos destacamos: libros electrónicos (ebooks) enriquecidos, contidos educativos dixitais trilingües e print on demand.

Que creen que ten a súa empresa que a fai diferente a outras do mesmos sector?

Unha nova perspectiva no mercado dos contidos dixitais literarios, educativos ou profesionais que provén da sinerxía entre LINGUA E TIC e que nos permite aplicar as posibilidades que ofrece o novo entorno dixital en canto a multimedia, interactividade e toda clase de recursos tecnolóxicos á lingua e á cultura.

Por que decidiron presentarse ao Premio Amje Emprende?

Presentarmos a candidatura de Galebook ao Premio AMJE Emprende por tratarse dun premio que goza dun gran recoñecemento e ademais, é unha excelente oportunidade para dar a coñecer o noso proxecto e os nosos produtos.

Que pretenden aportar coa súa candidatura?

Dinamización e creación de cultura; fomentamos o seu acceso e consumo a través das novas tecnoloxías. Creamos contidos de alta calidade lingüística, actualizados e editados nos formatos máis novidosos e con todas as posibilidades que estes ofrecen. Coñecemos as novas plataformas de comunicación e utilizamos as TIC para impulsar con eficiencia a difusión de obras e autores en lingua galega. Achegamos un valor engadido ao proceso de ensino-aprendizaxe creando e publicando material educativo dixital en lingua galega, castelá e inglesa.

Onde ven a súa empresa dentro de dez anos?

Os nosos esforzos diríxense a ser un referente na nosa comunidade autónoma:

– Na xeración de produtos dixitais de alta calidade lingüística.

– Impulsando o consumo de cultura con contidos actualizados, editados nos formatos máis novos.

– Na normalización da nosa lingua e da cultura galega na SI (Sociedade da Información).

A nosa formación como filólogos nas linguas galega, inglesa e francesa permítenos traballar sen fronteiras, promover noutros mercados e noutras culturas o libro electrónico “feito en Galicia”.

Que valor intentan transmitir aos empregados no traballo de cada día?

Somos un equipo de catro filólogos (Estela, Felipe, María e Pilar); cada día de traballo supón para nós unha achega de esforzo e dedicación para sacar adiante este proxecto; intentamos, cunha gran dose de ilusión, construír o proxecto que nos gusta. Preocúpanos a nosa responsabilidade social como empresa e, desde as nosas posibilidades, traballamos en igualdade de xénero e de oportunidades, conciliando o noso traballo coa nosa vida familiar.

O empresario nace ou faise?

Nós fixémonos empresarios, e fixémolo así:

Catro persoas licenciadas en Filoloxía, en diferentes especialidades e cun panorama de traballo no que a docencia se presentaba como a principal e case única saída profesional; coñecémonos cursando o Máster en Lingua e Usos Profesionais da UDC, no que nos especializamos en Lingua e Novas Tecnoloxías. Alí xurdiu a idea de emprender e alí desenvolvemos o noso proxecto e as nosas capacidades. Galebook permitiunos desenvolver a nosa profesión e un proxecto empresarial sen mudar de contorno.

Cal é a súa empresa ou empresario de referencia?

Son moitas as empresas, empresarios e empresarias de referencia, pero admiramos dun xeito especial a todas aquelas persoas emprendedoras que con poucos medios económicos pero con moito esforzo acadaron os seus obxectivos iniciais e, non só se conformaron con iso, senón que seguen investindo en I+D e traballando para acadar outras metas sociais, medioambientais e económicas.

Por que deben ser os gañadores do Premio Novo Empresario 2011?

O día da presentación do premio, tivemos a honra de coñecer outras candidaturas, os seus proxectos e as persoas que os integran; en Galebook pensamos que todos e cada un dos proxectos e das persoas que alí coñecemos merecen este premio pola súa valentía, pola súa ilusión e polos seus logros. Todos e todas, xente nova e moi ben preparada. Grazas a todos e todas. Foi un pracer coñecervos e unha lección escoitarvos. En defensa da nosa candidatura queremos destacar o seguinte:

En Galebook rompemos cos tópicos e os estereotipos, somos persoas emprendedoras, especialistas en comunicar e facemos emprendemento desde unha posición diferente: as Humanidades, en feminino e poñendo as TIC ao servizo da lingua e da cultura. Os nosos produtos e servizos valen polo que lle achegan á nosa sociedade e á nosa cultura: innovación e oportunidade.

 

 

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Candidatos nº17 Premio Joven Empresario de A Coruña. Estela, Felipe, María e Pilar. Galebook.

  1. ana iglesias mateo dijo:

    Noraboa. Galebook. Sodes os mellores

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s