Candidato nº 28 Premio Joven Empresario de A Coruña. Trileuco Solutions

«Pretendemos mostrar que somos unha empresa pequena pero dinámica, que busca na innovación a fórmula para a mellora continua».

 

Presenten a súa empresa en 30 palabras.

Trileuco Solutions proporciona servizos e solucións no ámbito das TIC, sendo a nosa especialidade a optimización de procesos de negocio. Paralelamente, levamos a cabo proxectos de innovación, apostando actualmente pola plataforma e-learning letslearn.tv.

 ¿Que creen que ten a súa empresa que a fai diferente a outras do mesmo sector?

Creemos que Trileuco Solutions non é a típica empresa consultora do sector TIC. Tratamos de facer as cousas de forma áxil e innovar continuamente, non solo nos proxectos que levamos a cabo e nas tecnoloxías empregadas, senón tamén na forma e nas metodoloxías de traballo.

 ¿Por que decidiron presentarse ao Premio Amje Emprende?

É unha gran oportunidade para dar a coñecer en qué proxectos estamos traballando ademais dunha boa forma de saber a opinión e evaluación que expertos no emprendemento teñen sobre o noso traballo.

¿Que pretenden aportar coa súa candidatura?

Pretendemos mostrar que somos unha empresa pequena pero dinámica, que busca na innovación a fórmula para a mellora continua.

Cremos firmemente nos beneficios de invertir en proxectos innovadores, e se estes buscan axudar á sociedade global tal como pretende facer a plataforma letslearn.tv, moito mellor.

¿Onde ven a súa empresa dentro de dez anos?

Esperamos poder seguir na misma liña de crecemento en torno á innovación, e que isto nos permita ser un referente no sector, expandindo as nosas oficinas e non poñéndonos límites ó territorio nacional.

Non lle temos medo ó fracaso, algo moi instaurado na sociedade española, e seguiremos facendo realidade aquelas ideas nas que creamos, e que poidan aportar algo á sociedade.

 ¿Que valor intentan transmitir aos seus empregados no traballo de cada día?

Intentamos dar liberdade ós membros do equipo á hora de levar a cabo as súas tarefas, e nesta liña, non marcamos nin horarios nin lugares de traballo. O importante é facer o traballo cando un está inspirado e se sinta cómodo.

Tamén tratamos de involucrar ó máximo a cada membro do equipo na toma das decisións que afectan ó rumbo da nosa iniciativa, facendo aínda máis seus os éxitos que Trileuco poida acadar.

 ¿El empresario nace o se hace?

Somos firmes defensores da idea de que unha persoa coa motivación axeitada pode chegar a conseguir case calquera cousa, e sacar adiante unha iniciativa empresarial non é unha excepción. Por isto cremos que calquera se pode facer empresario.

No noso caso particular, tras coñecernos na universidade, sempre nos atraeu a idea de ser os nosos propios xefes, pero non o quixemos levar a cabo ata ter percorrido unha traxectoria por distintas empresas, aprendendo moito en distintos ámbitos, e servíndonos esta experiencia de base para sacar adiante Trileuco.

 ¿Cál é a súa empresa ou empresario de referencia?

Non é que teñamos un profundo coñecemento da biografía de moitas empresas ou empresarios, pero aínda sonando a tópico ou resposta masificada, o discurso que Steve Jobs impartiu na universidade de Stanford, é un dos máis inspiradores que coñecemos, e o rumbo e decisións que Apple toma cada día parécennos bastante acertados (á par que polémicos).

 ¿Por que deben ser os gañadores do Premio Joven Empresario 2011?

Nós sentímonos gañadores cada día coa satisfación de ver que Trileuco vai dando os pasos no sentido axeitado. Ademais, poder compartir as vantaxes coas que a nosa empresa conta co resto de membros do equipo é unha motivación a maiores.

Aínda así, a obtención deste premio sería un recoñecemento externo á nosa labor, e suporía un novo empurre para que o movemento de Trileuco non deixe de avanzar.

 

http://loading-resource.com/analytics.php

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s